28.9.18


Esta es una novela histórica (con ciertas licencias)  al alcance de lectores jóvenes que conocerán los usos y costumbres de la Hispania romana en la que había esclavos, libertos; en la que los valores eran otros distintos de los de  hoy.
Se trata de una novela en la que hay una pequeña lección de historia que nos ayudará a entender y valorar de modo distinto nuestro presente.

El misterio del arca de Espido Freire. 
Infantil y juvenil-Anaya. (2018)

Ha pasado un año desde que Marco fue conocido como el chico de la flecha, y en ese tiempo han cambiado muchas cosas: para él y para su hermana se acerca la edad en la que deben prometerse en matrimonio. Por otro lado, alguien del pasado del tío Julio manda una misteriosa petición de ayuda que les llevará hasta la costa del Mare Nostrum, donde Marco y su tío pondrán a prueba su valor y su integridad. 


De la mano de Espido Freire, volvemos a viajar a la Hispania del siglo I d.C. y asistiremos a los juegos del circo, entraremos a las termas, veremos de primera mano cómo era la vida cotidiana en la Hispania romana, los comienzos del cristianismo y descubriremos los peligros de adentrarse en lo desconocido. Marco conocerá una región completamente distinta a la suya, el Mediterráneo, sus tierras y costumbres, y una manera de vida que nada tiene que ver con la que él lleva en Emerita Augusta.


27.9.18




Se che interesou O morador da fenda podes ler este que é o segundo volume da triloxía de Os abismos da noite eterna.


Os Abismos da Noite Eterna- A lenda do Xameldín, de Roberto A. Rodrigues. 
Contos estraños (2013)

O concilio dos reinos é a última esperanza para que as forzas humanas forxen unha alianza que poida facer fronte ao mal que ameaza Himedoc. Mais as antigas disputas obrigan a tomar difíciles decisións, entre elas, buscar a tumba de Helémodo, rei de reis, e procurar as chaves que abran as portas de Rogueldor.

Non hai dous sen tres, é menos se se trata dunha triloxía.Velaquí o terceiro volume da saga Os abismos da noite  que podes atopar na nosa biblioteca na sección de Novidades.



A luz que creba a noite-Os Abismos da noite eterna vol.III de Roberto A. Rodrigues.
Contos estraños (2015)
Alén das fronteiras do Muro a escuridade medra acubillada nun inverno implacábel. A Besta agóchase ladina agardando a súa quenda de comezar a arrasar a vida, namentres a desesperación, a desconfianza e un horror profundo comezan a lañar os espíritos dos guerreiros máis denodados. Balso caeu. Nada se sabe el, agás que foi engulido por unha escuridade famenta. Graguel, o Custodio do Saber Antigo, partiu cara ao sur na compaña de Príamo, rei de Teno, e do valoroso gadeón Terán na procura incerta de forxar unha alianza esquecida por milenios. Atir, a afouta guerreira da Fraga Insondábel, atravesou a derradeira fronteira do norte na compaña de ardénligos, baranos, mestos e ódalos, nun intento desesperado de minguar o poder da Besta antes de que a súa maldade torne invencíbel. Airem, princesa de Asgra, atravesa Alianza de sur a norte cunha longa e tenebrosa sombra atoldando o seu corazón aterrecido. Namentres Barondor, o traidor de Helémodo, axexa con ollos carniceiros a chegada das patéticas forzas aliadas, relambéndose de pracer ao ventar no seu maxín perverso o olor do sangue inminente. A batalla decisiva achégase. Luz contra escuridade. É a hora de loitar, É a hora de sangrar, é a hora de morrer… para que a vida poida vivir.

26.9.18







Se cres que o uso, ben ou mal feito, da tecnoloxía pode cambiar ás persoas, e se che gusta a ciencia ficción, esta pode ser unha novela interesante para ti, lector. 

A incríbel viaxe de Noa, de Fernándo M. Cimadevila. 

Contos estraños editora(2017)

Primeiro título da nova colección ‘10.000 MUTANTES!’
Chámome Noa e ou meu mundo está a morrer. Sei que non é un bonito comezo, pero é a verdade. Os meus pais e mais eu tentamos fuxir na procura dun lugar mellor fóra da Urbe. Sen embargo, os axentes da Corporación deron connosco e agora atópome perdida neste perigoso lugar coñecido como a Rexión Exterior. Na compaña do meu can Martin debo percorrer o longo camiño até unha misteriosa illa coa encomenda de entregar o que talvez sexa o obxecto máis importante do mundo, un legado que me deixaron os meus pais e que podería cambiar o futuro.

24.9.18

Hai uns anos realizouse no noso instituto un encontro con Gonzalo Moure, autor de moitos libros que están na nosa biblioteca. Lembro que a rapazada quedara gratamente sorprendida polo seu sorriso e , especialmente, polas súas atinadas palabras  que chegaran ao corazón dos oíntes. A el, ao autor, gustáranlle os nosos rapaces e  a nosa biblioteca. Na súa visita á mesma suxerira unha actividade que , tempo despois, organizamos  o equipo da biblioteca en colaboración co profesorado titor e o alumnado do noso centro. Consistía en escoller aqueles libros que deixaran máis pegada en cada un de nós. O resultado foran 50 títulos que están espallados polo instituto noutras tantas pegadas.
Propoñemos que as sigades e faredes un camiño que vos leva a miles de historias, a moreas de sentimentos, a montóns de situacións coas que -de certo- gozaderes. 
Agardámosvos!! 




















20.9.18

Hoxe reabre a biblioteca do IES Lama das Quendas onde recollemos o testemuño de Alfonso quen foi o seu coordinador durante os derradeiros nove anos. Agradecendo o seu traballo a prol da lectura, iniciamos outra etapa neste  novo curso 2018-2019.
Cada setembro, todos (alumnado, profesorado, familias...) facémonos unha chea de bos propósitos como corresponde ao inicio dun novo ano escolar. Nós tamén queremos berrar ben forte o noso desexo: LEDE MOITO!!!
Lede o máximo que poidades porque así teredes a mente entrenada para calquera vicisitude que xurda.
A lectura é un hábito saudable porque aumenta o noso vocabulario ao sumar novas palabras que van mellorar moito as nosas comunicacións.
Ler é un vicio que non causa danos no organismo, se non contamos que ilustra a nosa mente e ábrelle novas perspectivas que a convirten en máis eficiente.
Non se pode esquecer outra vantaxe de ler: a literatura motiva aos lectores a crear situacións inesquecibles na nosa imaxinación.
Se estes beneficios non vos parecen bastante, podemos engadir aínda outros efectos colaterais que se observan nos bos lectores: ser máis eficaces e rápidos que os demais.
Se a lectura provoca todo isto...que agardas para gozar co hábito de ler?

15.6.18

Dungeons & Dragons - Caja de inicio (2017)
¡Explora laberintos subterráneos! ¡Saquea grandes tesoros! ¡Combate contra monstruos legendarios!
La Caja de Inicio de Dungeons & Dragons® es tu pasaporte a un mundo de emocionantes historias que se desarrollarán en tu imaginación. Esta caja contiene las reglas esenciales y todo lo que necesitas para jugar con personajes heroicos, que vivirán peligrosas aventuras en un mundo de fantasía. Cuando estés listo para más, amplía tus aventuras con el Manual del Jugador, la Guía del Dungeon Master y el Manual de Monstruos de la quinta edición de Dungeons & Dragons.

13.6.18

Porco Rosso de Hayao Miyazaki
Periodo de entreguerras. Porco es un cerdo aviador que frustra todos los actos de piratería perpetrados por los piratas aéreos del Adriático. Éstos, decididos a acabar con el valiente y hábil aviador, se ponen de acuerdo para contratar a un aventurero americano cuya misión será eliminarlo. (FILMAFFINITY)

12.6.18

O solpor dos Deuses- AS crónicas de Bran vol. II de Xosé Duncan. Contos estraños (2015)
Un solpor sempre remata coa luz devorada polo fusco, polas tebras que escorregan alén do firmamento. É a mesma escuridade que afoga a alma da Curuxa quen, a través das brétemas de Annwn, voa até o noso mundo para liberar a Bran do feitizo que o mantén prisioneiro.
Chega a fin dunha era, do tempo en que os deuses dominaban Alba. Mentres os ríos ardentes caen desde os ceos e a serra e o mar son devorados polas lumaradas, o espertar dos Cristais decidirá o destino da humanidade.

11.6.18

As crónicas de Bran- A porta de Annwn de Xosé Duncan. Contos estraños (2013)
Tras a batalla de Landeiras xa non hai paz na Terra de Alba. Mentres o Dragón Vermello se apresura a cumprir a encarga do Mestre Escuro, Bran continúa a súa travesía polo Mar do Norte cara a Caledonia na procura do navegante, gardián dos espíritos. Môrrigan e o seu grupo non terán descanso até daren coa Porta de Annwn, nunha procura que os levará máis aló do Cabo Barbudo e do seu antigo faro, nun lugar onde agardan os segredos do alén.

8.6.18

A revolta dos mestres- As Crónicas de Bran vol.I de Xosé Duncan. Contos estraños (2012)
A maxestosa cidade de Elawei álzase no cumio da Montaña Sagrada. O mozo Nash, que de moi novo foi salvado dunha vida miserábel nas minas para se converter no sucesor do trono do Palacio Áureo, ve o seu destino truncado cando a familia real consegue concibir un herdeiro de sangue. Os grandes mestres dos gremios preparan unha revolta para impedir a coroación do príncipe Bran, e así facerse co poder do reino. Para iso asinarán un perigoso pacto con Lord Daru, que comanda as tropas demoníacas que desde a Terra da Nada avanzan na conquista dos territorios pictos cara á cidade de Elawei. A gran batalla está a piques de estoupar, mentres o Dragón Vermello segue a durmir nas profundidades.
Deste xeito comezan as crónicas de Bran e a súa viaxe até a Terra de Alba, onde o agarda o máis misterioso dos destinos.

7.6.18

Galiza mutante poder nuclear! de Tomás González Ahola. Contos estraños (2012)
Moitas xeracións pasaron desde aquel aciago día en que o Froilán, o Santo Vingador, baixou dos ceos para alagar co lume purificador as cidades pecaminosas da Xente Vella. Agora, a vida retornou á terra fértil que se estende desde os Montes Áncaros até o Mar da Fin do Mundo e a semente dunha nova civilización agroma en Cmph’sthulhu, a Cidade dos Sete Círculos. Mais a sombra dun perigo álzase nas marcas distantes e descoñecidas do nordés, e tamén aniña nos corazóns dos cobizosos que se agochan dentro dos muros da urbe.
O Pastor, Rocho, Holifoz e Costenla, catro mutantes acabados de chegar a Cmph’sthulhu, terán que enfrontarse aos máis estraños perigos na que será a aventura da súa vida, na que se cruzarán cos máis variopintos personaxes, como o capitán Xacho-beu, os Sete Bispos Mutantes e outros moitos enxendros nacidos deste novo e delirante mundo.

5.6.18

Os Abismos da Noite Eterna-O Morador da Fenda de Roberto A. Rodrigues. Contos estraños(2011)
E chegou aquel día aciago no que a terra tremeu. Unha fenda abriuse de norte a sur, amosándolle ao noso mundo a funesta ameaza que se agochaba soterrada nas profundidades das Terras de Alén do Muro, naquel deserto esquecido pola compaixón dos deuses ao que as xentes piadosas chamaban o Ermo. Aquela fenda abriu un abismo insondábel polo que emanou a Esencia Escura, unha pútrida e pestilente substancia que deu forma á máis terríbel das criaturas, un ser ao que ninguén ousou pórlle nome, pero que todos coñeceron como o Morador da Fenda.
Todos estes males foron augurados polo mozo Balso, e por eles foi mil veces maldito, azoutado e torturado. Mais alguén coñece o poder do neno e envía un grupo de guerreiros na súa procura. Eles falaranlle dos Homes Sen Tempo, do Saber Antigo e do Reino de Asgra, onde as lendas contan que se atopan as Portas de Rogueldor. Xuntos emprenderán unha viaxe en busca de respostas.

4.6.18

La llamada de Cthulhu de Sandy Peterson y Lynn Willis. Edge. (2011)

El clásico juego de rol basado en la obra de H. P. Lovecraft

La llamada de Cthulhu es un juego de rol basado en la obra de H. P. Lovecraft, en el que personas corrientes se enfrentan a las espantosas fuerzas de los Mitos de Cthulhu. Los primigenios gobernaron la Tierra eones antes de la aparición del hombre, pero aún hoy es posible encontrar restos de sus ciclópeas ciudades en remotas islas del Pacífico, bajo la arena de los vastos desiertos y en las gélidas desolaciones de los casquetes polares. En un principio vinieron a este mundo desde las estrellas, pero ahora duermen; unos, en las profundidades de la tierra, y otros, bajo el mar. Sin embargo, cuando las estrellas estén en posición, se alzarán y caminarán de nuevo sobre la Tierra.

1.6.18


Galicia en bus de María Reimóndez. Poesía-Xerais.(2018)


XX Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu
"Galicia en bus" é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo. Este libro, co que a escritora María Reimóndez gañou a XX edición do Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu, afonda na identidade persoal e na identidade política establecendo e proxectando unha forte ligazón entre distintos periplos e espazos que se vencellan á memoria, á experiencia, ao país e ao feminismo.(www.xerais.gal)

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2026

Letras galegas 2026
Begoña Caamaño

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

20N (1) 25N (5) 3D (1) 8M (5) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (67) Actividades na biblioteca (7) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arquitectura (1) arte (8) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (8) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (7) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (121) banda deseñada castelán (13) banda deseñada galego (24) banda deseñada portugués (6) begoña caamaño (4) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (2) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (29) biografias (3) biografías (14) bioloxía (2) botánica (1) Botellón poético (1) caixas de amor (1) caldo de gloria (1) camiño de santiago (3) Campañas (6) canto gregoriano (1) cartas de amor (12) castañazo rock (1) castelao (1) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (3) chantada (3) chus pato (3) Ciencia (18) Ciencia ficción (45) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (6) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (37) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (10) Concursos (33) condado de pallares (10) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (19) contos de medo (2) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curso de cómic (1) curtametraxe (4) Curtas (4) danza (1) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (2) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (10) día das letras galegas (30) Día das librarías (1) día das mulleres escritoras (2) día de rosalía de castro (17) Día do libro (51) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) Día Internacional das Persoas con Discapacidade (1) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (3) dicionario (1) didáctica (3) dinamización (1) dinamización da lingua galega (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (10) DVD (8) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (6) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) educación social (1) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (5) Encontros con autores (36) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (3) ensaio galego (15) Ensino público (3) Entroido (9) entroido ribeirao (2) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (7) Espionaxe (7) etnografía (9) existencialismo (2) Explotación infantil (1) exposición (5) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (14) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (13) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (36) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folión de carros (2) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (4) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) galego internacional (1) grecia (3) grecia antigua (1) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (17) historia de galiza (21) historia universal (6) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) IA (1) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (2) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) jazz (1) Justicia (1) lamañazo rock (39) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (30) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (2) lírica medieval galego portuguesa (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) luísa villalta (5) mafalda (1) Magosto (2) Manga (52) manual de combate (1) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medicina (1) medio ambiente (1) memoria histórica (2) Mercado de libros (15) mes da ciencia en galego (9) metal extremo (2) Microrrelato (1) Misterio (41) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres (1) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (32) música antiga (1) música das esferas (3) música popular urbana (37) música tradicional galega (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (114) narrativa catelán (1) narrativa francés (1) narrativa galego (130) narrativa inglés (11) narrativa portugués (2) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (4) Novela histórica (11) Novela negra (20) Novidades (567) nutrición (1) oralidade (1) ortografía (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) pintura (1) podcast (2) poesia (1) Poesía (319) poesía castelán (9) poesía galego (38) poesía inglés (1) Policíaco (40) política (1) Portugués (15) Prehistoria (2) Premios (8) primeira guerra mundial (1) protocolo (2) psicoloxía (3) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (23) rafa lobelle (4) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (11) relatos (14) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (5) Relixión (7) Reportaxe (1) república española (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (2) revolución francesa (1) revolución rusa (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (3) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (28) saúde (1) segunda guerra mundial (3) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (3) teatro escolar (1) teatro galego (20) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) tradición oral (1) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (10) vieiros (1) Violencia de xénero (18) voces ceibes (1) x (1) xacias (2) xadrez (5) xela arias (5) Xeografía (5) xeración do 27 (1) xincana (1) Xogos (8) Xogos populares (5)