Unha proposta poética confesional e íntima, pero tamén colectiva e social, activa e política.
Dentro de si mesmo, como debe de facer o poeta. É, sen dúbida, o seu
mellor logro. E a frase non é arriscada. Así o sente o creador, que
viaxa dende o barro por corpos e iniciacións eróticas e camiños que,
coma todos os periplos, nos devolven ao punto de partida. Á palabra que
funda o mundo. Aos sons primeiros que nos explican. Un poeta espido.
Unha poética alicerzada na palabra. Cinco anos despois. E todo o mundo
aquí contado.
0 comentarios:
Publicar un comentario