Hoxe é o Día do usuario/a das bibliotecas. De todas as bibliotecas, por tanto , das escolares tamén. Na biblioteca do IES Lama das Quendas escollemos esta ilustración de Bea R. Vaquero para representar a todas as persoas que día a día enchen este espazo de lectura durante cada un dos recreos da semana porque se senten cómodas entre as miles de historias que ocupan os nosos andeis e que , moitas levan ás súas casas para deixar voar a súa imaxinación.
Nós , como Augusto Monterroso, o creador de fantásticos microrrelatos, cremos que o alumnado, profesorado, pais e nais que utilizan a nosa biblioteca , coa oportunidade, a sorte que teñen de poder ler, teñen " unha riqueza moi grande.O simple goce estao formando a un, e tamén lle está dando armas para toda a vida."
Co desexo de que sexades usuarios , como dicía o poeta galego Manuel Antonio, por "sempre e máis despois" , que teñades un bo día!!
0 comentarios:
Publicar un comentario