25.1.19

O alumnado de 1º de bacharelato (que lera Lourenço xograr) e  o de 3º de ESO tiveron un encontro con Manuel Portas o 18 de xaneiro. A nosa compañeira Paz Fernández, que organizou o evento, fixo a seguinte  recensión da actividade:


O pasado venres soubemos algo máis do poeta medieval e , un pouco, do autor da novela, logo de ter establecido un agradable encontro.
De Lourenço, M. Portas destacou a forte vontade do xograr para abrirse camiño no mundo dos trobadores. Nunha sociedade estática e clasista como a medieval, loitar por un posto no mundo da composición poética, sendo de orixe humilde e con moi escasas posibilidades de acceso á cultura, revela unha forte determinación e unha auténtica vocación pola poesía. Neste sentido, Lourenço é a loita polo cumprimento dun soño.

A fascinación polo xograr xurdiu no autor bastantes anos atrás. Era a década dos 70 cando lle encargaron unha colaboración para a Enciclopedia Galega. O azar fixo que lle tocase investigar, entre outros personaxes, a figura de Lourenço. A quen cualificou como «xenial».
Respondendo ás preguntas dos rapaces, Portas revelou algunhas das súas ideas sobre a escrita. Así segundo o autor: «Todos temos unha vontade de expresión artística»; « Escribir é a necesidade de ver plasmado o que es capaz de crear»; « Nas primeiras páxinas , é cando as ideas son máis difíciles de organizar, logo, chega un momento en que a narración flúe...»
As súas protagonistas femininas son mulleres fortes, intelixentes, que reivindican a súa liberdade...Ante esta observación, respóndenos:« Nesta sociedade fan falta heroínas para o espertar da igualdade».
Autoras e autores favoritos? -Hai moitos,pero algúns son Cunqueiro, Blanco Amor, Rivas, An Alfaya, Dickens, Eça de Queirós, John dos Pasos, Cortázar, Marguerite Duras, Marguerite Yourcenaur...
Preguntamos tanto, que lle fixemos o cuestionario Proust ( poderedes ver as respostas  neste mesmo blog en breve).
Pronto sairá ás librerías «Por puntos» (o recente premio Blanco Amor) e a finais de ano «Cadencias», a súa última novela...pero iso son outras historias.
Grazas a Manuel Portas por vir, a Arturo, da Editorial Galaxia, por acompañalo. 

Entradas relacionadas:

  • 36 preguntas para conocerte y 4 minutos para amarteUna historia de amor poco convencional. 36 preguntas para conocerte y 4 minutos para amarte de Jordi Sierra i Fabra Edebé.2018 Nunca había creído en los ligues de una noche. Ni siquiera estaba muy seguro de lo del … Read More
  • Un lugar a donde ir En los hermosos paisajes de Cantabria tienen lugar unos hechos en cuyo esclarecimiento se mezclan la investigación criminal y la vida íntima y familiar.  Un lugar a donde ir de María Oruña Editorial Booket.2018   … Read More
  • Napoleón puede esperar La narrativa de Ana Alcolea es cuidada, con preciosas descripciones de las calles de París o con duros adjetivos para describir la batalla de los Sitios de Zaragoza. Pero, incluso en medio del dolor, se puede encontrar be… Read More
  • Servicio de urxencias Os pacientes que acoden ao servicio de urxencias parecen tolos que son atendidos por uns sanitarios aínda máis tolos, provocando o riso cos seus diálogos cheos de xogos de palabras con dobre sentido. Servicio de urxe… Read More
  • InvisibleHumor negro en femenino para la primera novela de la ferrolana Carolina Pernas Invisible de Carolina Pernas Ed. Embora,2018 Una mujer gris, anodina, olvidada y que se siente invisible ha decidido finalmente… Read More

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2025

Letras galegas 2025
Cantareiras

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

772237

Visitas


Etiquetas

20N (1) 25N (4) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (43) Actividades na biblioteca (5) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (7) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (6) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (120) banda deseñada castelán (10) banda deseñada galego (22) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (29) biografias (1) biografías (14) bioloxía (2) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (12) castañazo rock (1) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (2) chus pato (3) Ciencia (18) Ciencia ficción (44) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (6) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (37) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (31) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) danza (1) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (2) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (10) día das letras galegas (25) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (49) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (3) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (9) DVD (8) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (5) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (35) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (12) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (6) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (4) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (12) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (30) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folión de carros (1) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (4) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) galego internacional (1) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (7) historia universal (4) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (25) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (30) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (2) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) luísa villalta (5) mafalda (1) Magosto (2) Manga (52) manual de combate (1) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medicina (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (15) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (40) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (27) música das esferas (2) música popular urbana (17) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (92) narrativa francés (1) narrativa galego (99) narrativa inglés (7) narrativa portugués (2) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (20) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) ortografía (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (318) poesía castelán (7) poesía galego (37) poesía inglés (1) Policíaco (40) Portugués (15) Prehistoria (2) Premios (8) protocolo (2) psicoloxía (3) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafa lobelle (3) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (13) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (4) Relixión (7) Reportaxe (1) república española (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (3) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (27) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (3) teatro escolar (1) teatro galego (18) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (5) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (5)