Un brazado de composicións para gozar da poesía e da música.
Poesía que reflicte o paso pola existencia deste poeta que «Do silencio da noite» chega á "Luz" a través de momentos da súa vida que comparte connosco.
Polos carreiros dos seus versos parécenos achar ao seu pai, á súa nai , á súa muller e á súa filla, Luzinha, a quen, na derradeira parte do poemario, Juan lle dedica as máis tenras cantigas de berce.
Por se fora pouco poder descubrir o interior deste home, o noso compañeiro no instituto, debemos salientar outro achádego: a suxestiva ilustradora do libro que non é outra que Paquita Vázquez, a nai do autor.
Hai composicións de diferente formato , dende haikus a romances polo que é doado que gostes dalgunha(s).
E aquí non remata o agasallo porque se agrega un CD con 5 pezas (3 de «Do Xerión» e 3 de «Da Luz ») cantadas polo músico- poeta (ou é poeta-músico?).
Un traballo completo desta familia que zumega arte polos catro costados.
Parabéns a Juan e a Paquita!! Augurámoslles moitos máis éxitos!!

0 comentarios:
Publicar un comentario