Ten nas súas mans o primeiro libro galego sobre cinema de terror. Pero non tema. Non está escrito por un friki que non ve alén dos seus solitarios praceres, nin por ese crítico que só gusta das películas que tratan da problemática social de Uzbekistán. Non. Está escrito por alguén como vostede, alguén que conxuga o san e incondicional amor polo xénero do fanático, co coñecemento enciclopédico e co rigor do estudoso. Só así se puido acadar esta obra que vostede sostén nestes intres: o mergullamento nos alicerces arquetípicos do terror, un percorrido que mostra como os símbolos fundamentais de xénero mutan e sobreviven a través das décadas, quizais como as propias criaturas… Léao. E abraie.
28.10.20
Entradas relacionadas:
Hércules e a caixa máxica de Ana María MatuteNunha das súas viaxes no tempo, o intrépido Hércules ten ocasión de coñecer á escritora Ana María Matute e ao seu boneco Gorogó.… Read More
¿Quién dice que el ajedrez es aburrido? ¡Que me lo cargo!, Pepe Cuenca e El DivisUn libro sobre el mundo del ajedrez actual para todos los públicos, desde los aficionados al tablero hasta los que han disfrutado con Gambito de dama.Detrás de las competiciones de ajedrez se esconde un mundo apasionante prot… Read More
Hércules e o xigante, Enrique LópezO encontro entre un heroe mitolóxico e un xigante colosal só podía dar como resultado o nacemento dunha torre de lenda... Deixa voar a tua imaxinación e descubre unha historia da Torre de Hércules que nunca che contaran.… Read More
Hércules pasea con Gloria FuertesHércules descobre a Gloria Fuertes cando ela recita poemas coa súa voz rouca nun programa de televisión.… Read More
7 herbas máxicas, Rosalía Bermúdez SantosSe es persoa amiga das herbas, dos debuxos, se che gusta o estilo de vida saudábel, coidarte de xeito natural, se estás preocupada polo medio natural e pola redución dos plásticos, se che encanta o DIY (faino-ti-mesma), e viv… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario