Quen non xogou na súa infancia ó teléfono esnaquizado? Este é un xogo sinxelo e nada competitivo no que os participantes se divirten ó escoitar como unha mensaxe se vai distorsionando ó ser transmitida ó longo dunha cadea de oíntes. O resultado final é unha historia diferente, peculiar, curiosa e divertida, pois por algo é un xogo. "Esquecín dicirche adeus… así que adeus" é algo así, unha historia diferente, singular e agardamos que divertida no que os sucesos sofren certas deformacións porque a memoria alterada, a modo de teléfono esnaquizado, transforma as lembranzas ó seu antollo.
0 comentarios:
Publicar un comentario