Longas sombras na pedra xorde como unha alternativa á historia da cidade de Compostela, un relato oficial xa de seu alicerzado na lenda. A lexitimidade á hora de recrear a historia da cidade vén dada pola súa orixe entre o literario e o fantasioso, o que permite unhas licenzas que talvez na abordaxe da historia doutra cidade non terían cabida. Esa é a proposta de partida deste volume: achegar unha nova visión arredor do nacemento de Compostela como urbe, sempre cun pouso de misterio e enigma.
Cada un dos nove relatos do libro está situado nun momento da historia da cidade, coa intención de abranguer desde o período en que esta nin sequera existe até a súa época contemporánea. Entremedias, destacan episodios tan sobranceiros como o achado do sepulcro do Apóstolo, A Inquisición ou a presenza da masonaría na cidade.

0 comentarios:
Publicar un comentario