O autor recrea nesta ambiciosa novela unha época de escuridade, paseos na madrugada, tiros nas cunetas, e corpos que sobreviven en covas devaixo das cociñas, mais tamén de utopías e soños de cambio, revolución e vida mellor. En efecto, todo é un soño feliz no pazo de Flavia ata que o 18 de xullo de 1936 comeza unha guerra que algúns aproveitan para urdir vinganzas que acaban deixando unha pegada misteriosa: umhas fosas comúns que agochan cinco corpos executados dun tiro na cabeza e un sexto esqueleto de muller que abraza contra o peito o libro dun poeta do que ninguén oíu falar. Ánxela, unha investigadora que garda a súa propia historia de violencia e dor, acepta dirixir a excavación das fosas e proponse deitar luz sobre todos os acontecementos dos primeiros días da guerra no pazo, pero axiña desexará tirar tamén do fío da identidade do misterioso poeta e da muller soterrada co libro. A través da investigación de Ánxela, iniciamos unha viaxe apaixonante entre 1936 e os nosos días en que descubriremos que o fascismo superou tempo e fronteiras.
9.10.20
Entradas relacionadas:
Antologia de textos para pensarmos a língua, Diego Bernal, Ricardo Carvalho CaleroO presente livro recolhe 12 textos de Ricardo Carvalho Calero publicados nas décadas de 70 e de 80 focados em diferentes ângulos da realidade linguística na Galiza. Dos textos escritos de Carvalho Calero surge umha figura eru… Read More
Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético, Henrique DacostaCarvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético, nace desde as instancias do respecto e do profundo coñecemento da diversas dimensións creativas e vitais do autor de Scórpio e, sobre todo, do diálogo que se establece entre … Read More
Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso, Héctor CajaravilleRicardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de … Read More
A xanela insólita, Jorge Emilio BóvedaVelaquí a segunda xanela, a insólita, que se abre ante nós para podermos albiscar os piares da ficción científica; o xénero das preguntas sen resposta, o xénero activador do mecanismo do pensamento, o xénero dos xéneros… Acom… Read More
A xanela escura, Jorge Emilio BóvedaTen nas súas mans o primeiro libro galego sobre cinema de terror. Pero non tema. Non está escrito por un friki que non ve alén dos seus solitarios praceres, nin por ese crítico que só gusta das películas que tratan da problem… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario