«Tantos anos sendo fume. Tantos anos vivindo nas esquinas da nada. Tantos anos, tantos plans, tantas preocupacións. E agora chegas ti. Esquécete de nós. Non estamos aquí». O mundo cambia; adaptarse ou morrer. A nosa sociedade aséptica e altamente tecnificada converteuse na contorna perfecta para disolver historias perdidas na néboa do tempo. «Os Discretos» vagan entre nós sen ser vistos, apenas ourizando as calugas dalgúns sagaces que logo esquecen. Sombras famentas e outros contos para ler de noite. J., home estudoso dos non-mortos, segue o seu instinto e introdúcese nun mundo esquecido de antigos perdedores, rémoras e vítimas, unha rede social oculta que resulta repelente e fascinante á vez, «abafadora» diría J. Alí, da man de Karlief, probará na súa alma o amargo murmurio da soidade dos condenados.
21.10.20
Entradas relacionadas:
Algúns contos completos, Domingo VillarEste libro de contos pretende celebrar a vida e a amizade nun encontro, como nas nosas reunións de amigos, entre os meus pequenos relatos e os marabillosos linogravados de Carlos Baonza.… Read More
Golpes de luz, Ledicia CostasXulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns … Read More
A nena do vestido de flores, Manuel FontemouraDania Vitoria é unha nena de once anos con dous ollos, dúas pernas, dous brazos, unha cabeza...vaia, o normal. Mais quen quere ser normal? Dania Vitoria é tamén unha nena Asperger. Asperger? Vaia palabra tan rara e tan mal en… Read More
Xoguetes para nenos cegos, Luz DarribaXosé rememora os anos da posguerra xunto a Xan, o fillo cego dos Pena Moura, co que medrou servíndolle como fiel guía e recibindo en pago os refugos dos vencedores. «Nesta estreitísima relación flúe o recoñecemento das capaci… Read More
Abril, Luz DarribaNesta novela, Luz Darriba tece, entre Galicia e o Río da Prata, os fíos dunha manta que nos abeire e nos salve da barbarie. Que salve as súas dúas protagonistas das arremetidas dun escuro mar de dúbidas e mentiras. Dun pasado… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario