Dende 1954 , cada 20 de novembro temos este día para fomentar a fraternidade entre os nenos e nenas do mundo e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.
Este ano, especialmente, pídeselle aos novos dirixentes mundiais que se comprometan para facer realidade os dereitos de nenos e adolescentes de hoxe e das vindeiras xeracións.
Convídannos a que ,quen queiramos, nos pintemos de azul facendo ou vestindo algo de cor azul de modo simbólico.
No noso recuncho de celebracións tedes o Decálogo dos Dereitos dos Nenos e Nenas e libros e películas que , dalgún xeito, están relacionados con cada un deses dereitos.
Podedes miralos, collelos e levalos emprestados para tomar conciencia da problemática que viven outros nenos e nenas porque é hora de ir tomando conciencia,non?
0 comentarios:
Publicar un comentario