Un feixe de relatos quizás inspirados, como fai pensar o título deste libro, naquel modelo que Julio Cortázar fixo célebre cando explicaba como subir unha escaleira ou como darlle corda a un reloxo. Todos eles, ademais, insírense nunha tradición do que se podería chamar “micronarrativa”, homenaxeando por unha banda voces que van de Castelao a Dieste mais tamén aqueloutras que se quixeron achegar, conscientemente, á narrativa dominada polo humorismo e o enxeño como a que se encerra en propostas de Afonso Álvarez Cáccamo ou de Gonzalo Navaza.
Instrucións para tomar café de Manuel Núñez Singala
Ed. Galaxia ,2017
Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre eles, por exemplo, un "libro de instrucións" para non galegos dirixido precisamente a estes. Así, algúns títulos que falan de seu: "Cocido familiar", "Amputado", "Gastronomía transfronteiriza", "Poesía oriental", "Instrucións para parecer intelixente", "Instrucións para parecer galego I, II e III", "Instrucións para falar do tempo", "Sacrificio", "Competencia" e "Pro – dutividade". Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.
Consumir preferentementeConsumir preferentemente. Raúl Vacas. Otros espacios, Anaya (2006). Poesía en castelán.
En Consumir preferentemente non se fan concesións, non se encontran nin romanticismos gratuítos nin sentimentalismos, moi ao contrario,…Read More
Trampa de luz
Trampa de luz
Agustín Agra
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO. XERAIS
Unha das actividades favoritas de Irene é sacarlle fotos a canto animal ou planta atopa para logo tratar de recoñecer a súa identidade. É unha ex…Read More
101 buenas razones para leer
101 buenas razones para leer. Beatrice Masini. Anaya (2012). Literatura xuvenil en castelán.
Que é un libro? Un obxecto que está feito de papel, tinta e pegamento. Aínda que pode ser moitas máis cousas: un río que te lev…Read More
¿Sabes que te quiero?
¿Sabes que te quiero? de Blue Jeans:(2010)2ª parte de "Canciones para Paula"
Os problemas que Paula intentou esquecer cando se foi a París, seguen esperándoo ao seu regreso e non lle será nada doado deixalos pasar. Xurdirán…Read More
O códice do Santo Lugar
O códice do Santo Lugar
Pere Tobaruela
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO. XERAIS
Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola episcopal, está involucrado no roubo do có…Read More
0 comentarios:
Publicar un comentario