Os prexuízos contra o colectivo trans materializanse a través dun entorno que nega a identidade de André que busca atoparse e loita contra a ansiedade, que lle produce un pai que catalogou o seu fillo de monstruita, contra a depresión e o acoso que sofre na escola.
André atopa un refuxio nos heroes das historias da banda deseñada e segundo medra o personaxe cambian os seus referentes.
Ed. Xerais ,2018
André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A
muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa
súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu
instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que,
contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe
rural e a súa forma de entender a vida allea ao contexto urbano no que
se ve obrigada a inserirse. Axiña, a amizade de André e Mucha pasará a
verse ampliada nunha especial Patrulla Trans, grazas a Martín e Xela,
outras dúas persoas moi distintas que axudan a André a comprender que
cómpre coñecer para querer. Así, por fin amparado pola súa rede afectos e
pola lectura das aventuras dos heroes do cómic clásico, un camiño para a
comprensión do mundo, André asumirá que para a superación dos conflitos
a auténtica fortuna reside en rodearse de persoas que non teñan medo a
ser quen son: «no medio da treboada, a única heroicidade é
resistir»."Fóra do normal", novela gañadora da primeira edición do
Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola
Igualdade, identifica os heroes e as heroínas contemporáneas entre
aquelas persoas que só con existir e non ceder a domesticarse están
mudando o mundo.
0 comentarios:
Publicar un comentario