Un cativo desesperado pola fame. Unha época escura na que homes sen
escrúpulos abusan do seu poder. E a maxia. Dos libros. Das lecturas. Dos
que aman as historias que viven dentro das letras…
O segredo da vella librería de Xabier López LópezEditorial Galaxia, 2018
O quiosco de prensa do señor Xerardo, a tenda de sombreiros de dona Elisa, a pastelería de don León, a xastrería de monsieur Didier, o estanco da señorita Violeta... Como todas as mañás, o mociño Gustavo Esmorís disponse a percorrer a cidade coa súa carretilla na idea de enchela de cartóns e papeis vellos para así botar unha man na casa. Porén, aquela escura e fría mañá non acaba sendo coma as outras: tras perderse nun labirinto de rúas descoñecidas, o noso pequeno amigo atopa unha solitaria librería e da man do peculiar señor Marmaduke, o seu dono, descobre un monte de cousas (por non falar dunha terrible conspiración). Abofé que a partir dese momento a súa vida non volverá ser coma antes. Homenaxe declarada ao libro, ás librerías e ás aventuras que nos esperan á volta do camiño.O segredo da vella librería é unha novela de auténticos aires dickensianos na que, a dicir do seu autor, todo é como felizmente debe ser aínda que ao comezo non o pareza.
0 comentarios:
Publicar un comentario