O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente. O canto do vento nunha mansión á beira do mar... Colle unha manta, prende unha luz suave, ponte a gusto no teu sofá preferido. É a hora de experimentar o pracer nada culpable do medo. Porque neste bosque de relatos os paxaros non cantan. E o misterio segue aí, a agardar por nós, como unha pantasma familiar, como un desasosego que nos leva de viaxe ao territorio do alén.
3.11.21
Entradas relacionadas:
Un camiño de futuroPara mirar máis alá da crise do coronavirus e do Xacobeo 2021, o Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal vén de editar unha guía turística que baixo o título Un camiño de futuro pretende dar a coñecer a eur… Read More
Visitantes da Estrela Vermella, Tomás González AholaDril e Gat viven no Val, que é un lugar pequeno pero confortábel. Alí non hai guerras, tampouco propiedades. Todo o mundo colabora no sustento dos demais. O mellor de todo é que a través dos cristais do Val vense as estrelas … Read More
Colección vitivinícola 2: A tonelería, Víctor Castro CarballalSegunda entrega dunha serie de catálogos do Museo Etnolóxico destinados á catalogación e difusión de pezas, aparellos e elementos culturalmente significativos das coleccións vitivinícolas. Publicado no núm. 1 desta serie un c… Read More
Colección vitivinícola 1Selección de pezas da colección do Museo Etnolóxico de Ribadavia con información catalográfica, imaxes, selección de procesos de restauración e bibliografía, así como textos explicativos, traducido a castelán e inglés.… Read More
Os catro elementos. Aire, auga, terra e lume, Covadonga López de Prado NistalGuía da exposición Os catro elementos, con texto acompañado das ilustracións e das pezas expostas con dúas páxinas despregábeis.… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario