"Unha das vantaxes de viaxar con tanta curva planetaria, ademais de percorrer máis países e ecosistemas, é que pode sincronizarse a ruta para manterse de xeito case permanente nas estacións de primavera e verán. Isto, o das estacións, nótase con claridade nas rexións temperadas, fóra dos trópicos. Pola contra, no ecuador e nas rexións tropicais que o rodean as diferenzas no clima ao longo do ano son menos acusadas."
Terra, Xurxo Mariño (Xerais, 2017)
0 comentarios:
Publicar un comentario