Desta obra di a propia autora nunha entrevista en La Voz de Galicia : «O fío condutor é aquela persoa que quere matar os eus líricos. Supón matar toda esa requinta e parafernalia que hai na poesía. Para iso, o que se fai é traballar con frases do día a día, é dicir, a poesía tamén está no cotiá. Ten, ademais, unha cousa fundamental que falta na poesía: o humor. Este é un texto para botarte unhas risas ao mesmo tempo que, dende o humor, pensas que podemos cambiar ».
«Declárome culpable: / asasinei o eu lírico». Estás convidada, querida persoa lectora, a participar neste crime e a acumular a ficción da cultura de masas e da "high art". Avisada quedas desde agora: has ter que tomar decisións: unha corredoira ou a outra. Nunca no medio. Soltarás cancelas (enxértese unha advertencia aquí) e bosquexarás sorrisos neste enredo paranoico dos artefactos artísticos preparados para estoupar en calquera momento. Sen artificios. Con sinceridade animal. Estás preparada, entón, miña querida persoa lectora, para darlle ao play e comezar o xogo?
0 comentarios:
Publicar un comentario