10.4.19

O pasado luns tivemos unha sesión de animación á lectura para 1º de ESO e outra para 2º de ESO. Foron impartidas por Eva Tato grazas ao patrocinio de Loqueleo-Santillana que nola achegou ao Lama das Quendas.( Grazas, María!)
A rapazada fíxonos a súa valoración da actividade e nós aproveitamos para poñer algunhas das súas opinións neste blog.
Afirma Omar que «a animadora chegou moi ben ao alumnado».E Martín engade «pasámolo moi ben porque Eva contounos historias que nos encantaban.Todos prestamos moita atención porque xesticulaba moito e mudaba de tono de voz».Lucía recalca que lle gustaron «os diferentes tonos de voz que empregou. Repetiría a experiencia xa que foi moi boa». César conta que o pasou moi ben nesa hora «porque Eva tivo sempre unha actitude humorística e entendeuse perfectamente todo o que nos quería transmitir». Eloi tivo que reflexionar porque ao principio quedou "descolocado" e, xa pola tarde, chegou á conclusión de que «pensándoo ben sei que a animadora conseguiu contar historias interesantes e divertidas que estaban noutros libros». (Pode que se anime a lelos!).Beatriz quedou feliz porque Eva «transmitiunos amor cara os libros. Gustoume moito como se expresou, como nos fixo entender as historias para dar, ao final, coa historia de La chica que patina y el tonto que la quiere que nós lemos. Fíxome pensar que en realidade , os libros son fermosos». Polo que se refire ao contado polo alumnado de 2º, remata Xabier coa manifestación coincidente dos asistentes «Déunos a todos moita pena que acabase a sesión».
Os de 1º contan o vivido practicamente de igual maneira e concordando co que xa escribimos que manifestaron os de 2º de ESO. Aínda así sinalaremos que Ainhoa estivo moi a gusto na sesión e «Eva sacoume un sorriso que me quedou posto todo o día. Transmitiume a súa enerxía, fixo actividades divertidas, contou historias moi interesantes...». E Lucía escribe «destaco a súa forma interactiva de contarnos os contos e xogar ao tempo». Finalmente , Carlos pon en palabras o sentimento xeral «foi unha actividade fantástica, agardo que se repita».
Esta foi a sensación coa que quedaron os alumnos. A do profesorado non é  distinta. Nós , ademais de divertida, dinámica, participativa... consideramos a actividade estupenda para tentar que a rapazada lea máis e desfrute coa lectura por iso facemos este tipo de propostas .
E quen non asistiu preguntarase, logo que fixo Eva Tato? Pois resúmeo Laura:
«foi unha visita ben interesante porque foi distinta a outras vividas. Ela explicounos de maneira teatralizada e con distintas actividades o que era o amor e os diferentes tipos de amor mediante unha historia que incluía outras nas que relataba o que lles sucedía a uns personaxes que ben se amaban a si mesmos ( Narciso que desprezou o amor da ninfa Eco),ben amaban o diñeiro ( problemas entre Calisto e Melibea) ou amaban a quen tiñan ao arredor ( Pedro tiene cuatro padres/ La chica que patina y el tonto que la quiere). Isto pareceume moi divertido e adaptado á nosa idade  ».

Xa percibiredes que nos quedaron boas sensacións, bo sabor de boca. Pero ademais ,saímos cunha mensaxe de amor polos libros  nos petos e coa intención de ler máis e de tentar ver as historias coa nosa mirada particular. E isto grazas a que Eva nos regalou a cada un de nós, coa  súa mirada, unha miguiña do seu enorme amor polos libros. Non, non vos preocupedes que aínda lle quedou para ela.Grazas Eva!!
Oxalá a nosa rapazada coide , para que medre, ese cariño polos libros e a lectura e sempre que poida, espalle polo mundo o fermoso vicio de ler .

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (41) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (3) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (6) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (10) banda deseñada galego (20) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (29) biografias (1) biografías (14) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (10) castañazo rock (1) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) chus pato (3) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (37) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (29) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) danza (1) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (10) día das letras galegas (25) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (48) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (9) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (5) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (6) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (4) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (4) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (4) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (25) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (30) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) luísa villalta (5) Magosto (2) Manga (52) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (15) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (40) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (26) música das esferas (2) música popular urbana (13) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (92) narrativa francés (1) narrativa galego (92) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (20) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (316) poesía castelán (7) poesía galego (32) poesía inglés (1) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (8) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafa lobelle (1) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (13) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (25) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (5) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (5)