3.4.19

Onte, Día Internacional do Libro Infantil foi un día especial por dúas razóns. Unha, porque recibiamos a visita do alumnado e profesorado de 6º de primaria do CEIP Xoán de Requeixo (coa alegría que supón reencontrarse con veciños, amigos e compañeiros) e outra, porque nos visitaba  a escritora Ledicia Costas de quen, uns e outros leran algún dos seus libros.Foi un verdadeiro pracer contar no IES Lama das Quendas con todos eles.
Preguntada a rapazada polas sensacións, impresións do encontro , deseguida dixeron «se queres, escribimosche o que nos pareceu!». Aceptamos. Como non ibamos aceptar!? Así que o que segue é parte das refexións que escribiron rapazas e rapaces de 1º de ESO onte pola tarde e trouxeron, hoxe, para poñer no blog.
Todos concordan en que se xa lles gustaban os seus libros, agora, tralo encontro  gústalles a persoa. E dan argumentos.Por exemplo  Carlos Fernández Otero di que lle gustou «moito a súa presentación, as súas anécdotas de familia que lle deron idea a Ledicia Costas para escribir os seus libros. Moito rin con ela! Agardo que escriba a 4ª parte de Esmeraldina!!».
Xabier Pérez Ochandategui comenta que «o tempo que pasamos con Ledicia Costas foi, ademais de divertido, moi interesante. Gustoume que nos ensinara que non hai que ser serio para ser escritor, que podes ser coma todo o mundo. Foi unha grande experiencia ».
Outra satisfeita do encontro é Ainhoa Crespo Porto e destaca que «Ledicia Costas pareceume unha persoa superencantadora, boa con nós e moi divertida. Coma os seus libros!!».
Pola súa parte, Mauro Calvo Pérez sinala, entre outras cousas xa referidas, que lle pareceu interesante que
«cousas que aparecen nos seus libros tamén ocorreran na vida real».
Ao final do acto, Ledicia Costas deu paso ás preguntas que lle desexaran facer e nese momento amosáronse bastante tímidos todos, pero algún aínda se atreveu antes de que deramos paso á sinatura dos libros que con agarimo lle achegaron para que a autora llelos adicara.
Marcharon ás clases moi, moi ledos e satisfeitos.
Nós, os adultos que propiciamos o encontro aínda máis. Que non fariamos por eles!!
 
 




Entradas relacionadas:

  • Traducindo do xaponés...Onte contamos coa visita no centro do carballiñés Gabriel Álvarez Martínez, tradutor ao galego e ao castelán de obras xaponesas, tanto de manga (banda deseñada) como de literatura (Haruki Murakami entre as máis coñecidas). P… Read More
  • Encontro co escritor Antonio García Teijeiro O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 visitounos o pasado mércores. Que luxo!! Comezamos sinalando isto por que é un premio moi importante para un home, un escritor moi importante pero que non se dá importa… Read More
  • Antón Riveiro Coello nas actividades do Día do Libro...O pasado mércores 20 estivo Antón Riveiro Coello no centro ofrecendo unha charla-encontro co noso alumnado de bacharelato da man do Departamento de Lingua Galega e Literatura. Con el comezaron as actividades coas que celebram… Read More
  • MANUAL DE COMBATE no Lama das Quendas... O pasado venres 7 de marzo estivo no centro a banda chilena de hardcore experimental MANUAL DE COMBATE. Aproveitando a súa xira europea, pasaron pola nosa biblioteca para ter unha charla-encontro co alumnado de Música d… Read More
  • Quincena da Literatura Fantástica!!! O pasado venres 25 de outubro deu comezo a Quincena da Literatura Fantástica no Lama das Quendas, e fíxoo coa fantástica charla que Tomás González Ahola deu sobre a historia da susodita literatura ao alumnado do centro, e n… Read More

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2025

Letras galegas 2025
Cantareiras

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

771876

Visitas


Etiquetas

20N (1) 25N (4) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (43) Actividades na biblioteca (5) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (7) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (6) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (120) banda deseñada castelán (10) banda deseñada galego (22) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (29) biografias (1) biografías (14) bioloxía (2) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (12) castañazo rock (1) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (2) chus pato (3) Ciencia (18) Ciencia ficción (44) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (6) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (37) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (31) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) danza (1) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (2) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (10) día das letras galegas (25) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (49) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (3) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (9) DVD (8) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (5) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (35) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (12) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (6) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (4) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (12) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (30) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folión de carros (1) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (4) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) galego internacional (1) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (7) historia universal (4) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (25) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (30) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (2) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) luísa villalta (5) mafalda (1) Magosto (2) Manga (52) manual de combate (1) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medicina (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (15) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (40) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (27) música das esferas (2) música popular urbana (17) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (92) narrativa francés (1) narrativa galego (99) narrativa inglés (7) narrativa portugués (2) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (20) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) ortografía (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (318) poesía castelán (7) poesía galego (37) poesía inglés (1) Policíaco (40) Portugués (15) Prehistoria (2) Premios (8) protocolo (2) psicoloxía (3) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafa lobelle (3) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (13) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (4) Relixión (7) Reportaxe (1) república española (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (3) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (27) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (3) teatro escolar (1) teatro galego (18) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (5) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (5)