Xa referimos na entrada anterior o que desfrutou o alumnado máis novo con Ledicia Costas.E pensaredes, e os de 2º e 4º de ESO? Non temos coñecemento, no momento de redactar esta entrada, da opinión do alumnado de 4º pero un grande número de alumnos/as de 2º quixeron dar o seu parecer sobre o vivido onte no noso Salón de Actos.
Aquí vos deixo algunhas opinións.
Para Xabier Novoa Bermúdez «foi unha hora moi agradable. Sen dúbida un tempo ben empregado» e concordan con el moitos dos seus compañeiros , entre eles Lucía Souto Sobrado e Iván Brigos Vigo, en que lles «gustaron as anécdotas graciosas que contou».
César González Ledo salienta que lle chamou a atención que dixera que «lle gusta o humor macabro dende hai anos». E engade :«Agradezo a súa amabilidade connosco e quedamos encantados de que viñera ao centro».
A Eloi González Gómez e Nerea Fernández Expósito gustoulles como contaba en que se baseaba para escribir. Di Eloi que lle pareceu «agradable e boa persoa. Agardo que volva pronto polo centro».
O máis destacable para Gabriela Areán Fernández foi a súa «maneira de expresar a realidade do mundo actual nos seus libros».
Unha das rapazas a quen Ledicia Costas lle asinou un libro é Ángela Diéguez Fernández quen quedou profundamente agradecida: «poder ter o meu libro asinado por ela é especial. Pero quedei con ganaa de máis...cando volve?».
A autora faloulles dunha das súas obras,O corazón de Xupiter, na que aparece o acoso vía redes sociais e púxolles un vídeo relacionado, dalgunha maneira , co tema. Isto foi o que afectou a varios rapaces, especialmente a Martín García López quen afirma que «quedamos un pouco tristes cando Ledicia mostrou as consecuencias negativas do ciberacoso»; e Mª José Deus Lucero quen impactada polo vídeo conta que lle «caían as bágoas polas meixelas ao ser consciente da gravidade do asunto»
Álex López Valdés salienta «que puidemos facer preguntas».(Aínda que non formularon moitas).
Unha rapaza, Sara Vázquez Carballo, afirma quedar «moi agradecida xa que puidemos entender máis aló do que os seus libros nos contan».
Todas as persoas que escribiron algo sobre o encontro coinciden na simpatía, cercanía, empatía da escritora e manifestan o seu desexo de tela de novo no centro, pero hai unha alumna, Beatriz Rodríguez Carnero, que aporta unha razón contundente para seguir lendo e encontrándose con esta autora. Nós rematamos esta entrada coa súa opinión porque non nos atrevemos a dicir nada máis: «Ledicia Costas e os seus libros son moi necesarios nas vidas de todos».

0 comentarios:
Publicar un comentario